A Asociación Cultural A Caniceira leva á Pobra de Trives a súa función “Tempos mellores”

RibeiraSacraXa
A representación terá lugar este domingo con motivo dos actos conmemorativos do 20 aniversario da asociación
tempos-mellores-trives
17 Jan 2026

O Auditorio Julio Vázquez da Pobra de Trives acollerá este domingo, 18 de xaneiro, ás 18.00 horas, a representación da obra Tempos mellores, a cargo do grupo de teatro da Asociación Cultural A Caniceira.

A actividade enmárcase dentro dos actos conmemorativos do 20 aniversario da asociación, que organiza o evento coa colaboración do Concello da Pobra de Trives.

Dende a organización animan a toda a veciñanza a asistir a esta “comedia triste” que rende homenaxe ao vodevil, ás compañías ambulantes e aos artistas en xeral.

⚙ Configurar cookies
0.07616400718689