Concello
O Concello de Monforte contrata as obras de reparación do cadeirado danado da Ponte Medieval
Os traballos contan cun investimento de 10.889 euros e consisten na reparación de varias zonas afectadas a causa de varios sinistros de tráfico
A voz dos alcaldes: Pablo Graña, rexedor de Xunqueira de Espadanedo
Graña asumiu a alcaldía de Xunqueira de Espadanedo o pasado mes de setembro tras a renuncia de Carlos Gómez, co obxectivo de loitar polo seu pobo, asentar poboación e mellorar a calidade de vida dos seus veciños
Monforte presenta o anteproxecto para desdobrar a rúa Cardenal entre a rotonda do Hórreo e o corredor
A obra busca transformar o último tramo urbano da rúa Chantada nunha vía de catro carrís e o orzamento estimado supera os 2,5 millóns de euros
O Concello de Monforte amosa o seu compromiso coa Asociación Española Contra o Cancro
O alcalde, acompañado por outros membros do equipo de Goberno, participou este mércores nos actos conmemorativos polo Día Mundial contra o Cancro
Unha empresa especializada redactará as bases para a renovación do contrato e mellora da xestión da auga do Concello de Monforte
A Xunta de Goberno Local aprobou a pasada semana a contratación destes traballos, que inclúen a redacción do expediente completo para a concesión do ciclo integral da auga
Tomé acusa ao PP de mentir e asegura que a súa retribución será de 62.555 euros
O alcalde de Monforte responde taxantemente aos populares logo de que o acusaran de pretender asignarse unha dedicación exclusiva de 85.307 euros
O equipo de axentes ambientais do Distrito VIII-Terra de Lemos retoma a atención ao público na Pobra do Brollón
O equipo ofrece atención sobre todo tipo de temas relacionados coa xestión forestal e os montes
Monforte reafirma a súa aposta polo teatro con 7 espectáculos programados para o primeiro semestre do ano
A programación arrancará o 29 de xaneiro con ‘O proceso’, da compañía Malasombra
O PP de Monforte pide mellorar a seguridade no paso a nivel do barrio da Florida
Os populares levarán a pleno unha moción para pedir ao Concello que inste a a Adif a mellorar a seguridade logo do atropelo rexistrado na noite deste domingo
O Concello de Monforte mobiliza 14.994 euros en axudas ao transporte para estudantes
Un total de 55 estudantes monfortinos beneficiaranse destas achegas
Tomé defende a súa inocencia no Pleno e reafirma a súa continuidade á fronte da alcaldía de Monforte
O alcalde asegura ser “obxecto dunha serie de acusacións falsas, inxustas, infundadas e carentes de base real”, relacionadas con “supostas condutas inapropiadas que nunca se produciron”
O PSdeG da Pobra do Brollón alerta dunha “crise económica municipal” tras a aprobación do Plan Económico-Financeiro
Critican que o plan se elaborase sen procura de consenso e que contemple recortes extremos en actividades culturais, deportivas e servizos básicos
O Concello de Monforte continúa avanzando na súa campaña “RecicLemos de xeito sostible”
A iniciativa busca fomentar a compostaxe doméstica entre os fogares e as empresas monfortinas
Os parques infantís de Quiroga serán mellorados grazas a un convenio entre o Concello e a Deputación de Lugo
Os traballos, cun investimento de 50.000 euros, centraránse nas zonas infantís do Parque da Constitución, o da Igrexa e o da Praza de España
O Pleno de Monforte aproba o traspaso da Unidade Asistencial de Drogodependencias ao Sergas en plena crise política
Esperta Monforte e BNG votaron a favor da medida ante a ausencia d PP, que abandonou o Pleno ante o escándalo xurdido tras as acusacións contra Tomé por presunto acoso sexual
O Concello Monforte e a CMHS asinan un convenio para destinar 7,9 millóns á mellora integral da rede de saneamento
Este acordo supón a terceira fase dun plan impulsado por Tomé desde a súa chegada ao goberno local en 2015, que busca eliminar as augas limpas que actualmente entran na rede de saneamento na marxe esquerda do río Cabe
85 persoas de zonas rurais de Lugo e Ourense recibiron a titulación oficial en axuda a domicilio grazas ao programa Foadom
O proxecto está orientado a facilitar a incorporación ao mercado laboral de mulleres con cargas familiares
Eventos
OcioenGalicia
Concierto de Caio Arancio
OcioenGalicia
Retro Galicia Vigo 2026
OcioenGalicia
El ciclo Mulleres de Cine en A Coruña
Completada a reforma do tellado do Pavillón Municipal de Quiroga
Os traballos contaron cunha inversión de 66.370 euros e consistiron na mellora da cuberta para conseguir unha maior eficiencia enerxética do complexo
O Concello de Manzaneda recibe unha subvención para a creación do “Centro de Envellecemento Activo e Saudable Manzaneda +60”
O proxecto permitirá dotar ao municipio dun equipamento específico para promover un envellecemento activo e saudable
Tomé presenta “os orzamentos máis sociais da historia de Monforte”, dotados de máis de 18 millóns de euros
A proposta está marcada por máis gasto en servizos sociais e a conxelación de taxas e impostos
Rematan os traballos de mellora da Fonte da Ponte, en Chantada
Os traballos consistiron na dotación dunha nova estrutura para optimizar as condicións estéticas e de salubridade
O Concello de Monforte licita as obras de renovación do parque da rúa Doutor López Suárez
O orzamento base da licitación ascende a 64.156,52 euros e a actuación céntrase na rehabilitación dos paseos do parque
Monforte abre un novo procedemento para contratar o equipamento do ximnasio da Pinguela
A decisión chega tras a declaración de deserto do contrato anterior de subministro, que non contou con ofertas válidas
O Concello de Monforte lanza unha campaña para mellorar a xestión dos residuos orgánicos
A nova campaña incluirá diferentes accións formativas a pé de rúa e nos centros educativos, co fin de sensibilizar sobre a importancia dunha correcta separación dos residuos







