Xunqueira de Espadanedo finaliza a substitución de carpintarías dun inmoble municipal

RibeiraSacraXa | OurenseXa
O proxecto contou cun orzamento total de 11.047 euros
inmoble-xunqueira-de-espadanedo
24 Sep 2025

O Concello de Xunqueira de Espadanedo vén de rematar o proxecto de substitución das carpintarías dun inmoble municipal, cun investimento total de 11.047,30 euros.

A actuación foi financiada mediante axudas para corrección de impactos paisaxísticos destinadas aos concellos de Galicia, publicadas no DOG nº 5 do xoves 9 de xaneiro de 2025. O Instituto de Estudos do Territorio achegou 7.733,11 euros, mentres que o Concello contribuíu con 3.314,19 euros.

⚙ Configurar cookies
0.09333610534668