Xosé Casar, Yolanda Alcas e Andrea Micc gañaron o primeiro encontro da segunda tempada do Bóveda Slam Poetry
O primeiro encontro da segunda tempada do Bóveda Slam Poetry acolleu tres grandes artistas que amenizaron a xornada: o dúo formado por Nerea e Borja, integrantes de The Lioness Treasure; e Chico López, "que nos fixeron gozar coa súa música no entorno poético de Bóveda Slam Poetry", explican os organizadores.
Así, os participantes, chamados slammers, neste primeiro encontro foron Yolanda Alcas, María Barrado, Roberto López, Andrea Micc, Xosé Casar (Piteira), J. J. Guille e Joserra; que interpretaron as súas pezas de poesía.
Despois dunha xornada intensa, o público decidiu como gañadores do primeiro encontro a Piteira, cunha cunca de ouro; a Yolanda Alcas, cunha cunca de prata; e a Andrea Micc, cunha cunca de bronce; premios que foron entregados por Nerea Iglesias, cantante de The Lioness Treasure.