Aberto o prazo de inscrición para o Conservatorio Mestre Ibáñez de Monforte
O prazo de inscrición para o acceso ó Conservatorio Municipal de Monforte “Mestre Ibáñez” para o curso académico 2022/2023, nos distintos cursos e especialidades ofertados, quedou aberto dende onte 20 de maio.
O prazo para inscribirse na proba acceso ó 1º curso de grao elemental (proba de aptitude musical que non require coñecementos musicais previos) é dende o 20 de maio ó 17 de xuño.
A inscrición será gratuíta e poderase facer presencialmente na Secretaría do Conservatorio Municipal ou ou descargando a solicitude de proba de acceso na Sede Electrónica ou da web do Concello de Monforte, enviándoa debidamente cuberta ó correo do centro conservatorio@concellodemonforte.com.
A proba de aptitude musical terá lugar o día 20 de xuño ás 17:00 horas e o prazo para inscribirse na proba de acceso ó 1º curso de grao profesional (pase de grao) é do día 20 ó 25 de maio.
A inscrición poderase facer presencialmente (coas medidas de seguridade por mor da Covid-19) na Secretaría do centro ou descargando a solicitude de proba de acceso e o impreso de autoliquidación na Sede Electrónica ou na páxina web do Concello de Monforte, enviándoa debidamente cuberta e co extracto do recibo pagado das taxas ó correo do centro: conservatorio@concellodemonforte.com. Esta proba de pase de grao terá lugar o día 26 de maio ás 16 horas.
Finalmente, a inscrición na proba de acceso a outros curso das ensinanzas elementais ou profesionais, realizarase do 20 de maio ó 17 de xuño. A inscrición poderase facer presencialmente na Secretaría do Centro ou descargando a solicitude proba de acceso e o impreso de autoliquidación na sede electrónica, da páxina web do Concello de Monforte, enviándoa debidamente cuberta co extracto do recibo pagado das taxas ó correo do centro: conservatorio@concellodemonforte.com. Esta proba terá lugar o día 23 de maio ás 16 horas.
O prazo de matrícula en xeral xeral para o vindeiro curso 2022/23, estará aberto do día 30 de maio ó 28 de xuño e poderá realizarse na secretaría do centro ou enviándo os documentos debidamente cubertos e co extracto do recibo pagado das taxas ó correo do centro conservatorio@concellodemonforte.com
Para mais información, os interesados e interesadas poden contactar co Conservatorio Municipal a través do teléfono 982 403 893, en horario de atención ó público de 10.00 a 13.00 e de 16.00 a 18.00 horas.
ACTOS PREVISTOS DE FIN DE CURSO
O Conservatorio organiza dous actos para pechar o curso académico. Dunha banda, o Festival fin de curso, que terá lugar o día xoves 2 de xuño, no Auditorio do Edificio Multiusos ás 19:00h. Correrá a cargo do alumnado do conservatorio e as actuacións realizaranse de forma individual, a dúo, en grupos de conxunto, orquestra e coro. Este Festival está dirixido a todo o público en xeral e é con entrada gratuita
E doutra banda, a VIII Xornada do Conservatorio na rúa, que terá lugar o xoves día 9 de xuño, entre as rúas Cardenal e Hermida Balado a partir das 19:00h.
Este evento desenvolverase ao aire libre creando nestas rúas peonís puntos musicais con distintos instrumentos. Participarán alumnos/as e profesores/as do Conservatorio.