Xabier Vizcaíno presenta o seu libro-disco na Pobra do Brollón

RibeiraSacraXa
A Pobra do Brollón acolle no día de hoxe, venres 23, a Xabier Vizcaíno presentando o seu libro-disco Neno de monte.
concerto acustico xabier vizcaino
23 Xul 2021

A Pobra do Brollón acolle no día de hoxe, venres 23, a Xabier Vizcaíno presentando o seu libro-disco Neno de monte, que o músico do Incio describe como unha homenaxe ao mundo rural, ás xentes, ó mar e ó monte onde reside o autor.

No día de hoxe, estará acompañado por Pachi Cruz (contrabaixo) e Sofía Fernández Souto (voz e percusión). Fiará as cancións a filóloga Patricia Sánchez Seoane.

O traballo conta con cinco relatos que rescatou da lingua de seus avós e onde puxo as súas maneiras tamen como contador de historias. A estes relatos danlles abrigo seis cancións con tintes acústicos moi ben engraxadas e que contan historias de monte e de mar que foron creadas na Palleira, o estudo de gravación que Xabier ten en Goo, no Incio, na Terra Brava de Anxel Fole.

O videoclip Camiños abriu a lata deste fermoso traballo e foi filmado tamen na Terra Brava, no Incio, entre o encoro de Vilasouto e a súa propia aldea de Goo. O libro está ilustrado dixitalmente coa técnica chamada de tramado cruzado. Andrés Wolf foi quen a levou a cabo.

Pola súa beira, o concerto levarase a cabo na terraza do bar Avenida ás 20.30 horas. A entrada é de balde pero é preciso reserva previa no teléfono 654 803 658.

cartel xabier vizcaino
0.18848395347595