Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre actúan no día de mañá en Monforte

RibeiraSacraXa
O Concello de Monforte de Lemos programa o concerto As catedrais silenciadas de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre no Edificio Multiusos
as catedrais silenciadas grupo musica
23 sep 2021

O Concello de Monforte de Lemos recibe no día de mañá, venres 24 de setembro, o concerto As catedrais silenciadas de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre no Edificio Multiusos. A cita celebrarase ás 20 horas e cun aforo reducido debido á covid19.

A entrada é gratuíta ata completar a capacidade do edificio seguindo a normativa sanitaria no momento da actuación. A entrega de invitacións realizarase dende ás 18 horas e a entrada o salón de actos comezará ás 19:30 horas.

As Catedrais Silenciadas é o terceiro álbum do músico Xabier Díaz xunto coas Adufeiras de Salitre, quizais a obra que mellor reflicte a esencia do seu encontro e probablemente a que explora os límites deste formato con máis profundidade.

O título é un berro de alerta ante o progresivo despoboamento do rural e a perda identitaria que isto implica: a desaparición da cultura que temos e que fundamenta a nosa diferenza no mundo.

Cartel concerto monforte lemos
0.23666787147522