Xa pode visitarse en Pantón a mostra ‘Muiñeiro de Brétemas’, de Noel Freáns
RibeiraSacraXa
Poderá visitarse na Casa da Cultura de Pantón ata o 7 de xaneiro

Fotografía de Noel Freáns
5 Dec 2024
A mostra ‘Muiñeiro de Brétemas’, do fotógrafo Noel Freáns, poderá visitarse ata o vindeiro 7 de xaneiro na Casa da Cultura de Pantón.
A mostra é unha recompilación de fotografías inspiradas na obra homónima de Manuel María, un pemario publicado en 1950. Pola súa banda, Freáns é un fotógrafo galego especializado na fotografía de paisaxes.
Pode visitarse en horario de 10.00 a 20.00 horas de luns a venres e de 10.00 a 14.00 horas os sábados.