Xa pode verse en Quiroga a mostra “Castelao de ‘Sempre en Galiza’ ao Consello de Galiza 1934-1944”

RibeiraSacraXa
Permanecerá aberta ata o 15 de outubro na Casa da Cultura
inauguracion-mostra-castelao-quiroga
Inauguración da exposición “Castelao de ‘Sempre en Galiza’ al Consello de Galiza 1934-1944” en Quiroga
4 Oct 2025

Con motivo do Ano Castelao, que conmemora o 75º aniversario da súa morte, Quiroga acolle a exposición “Castelao de ‘Sempre en Galiza’ ao Consello de Galiza 1934-1944”. A mostra percorre cronoloxicamente a actividade política e literaria de Castelao desde 1934, cando asina os seus primeiros artigos no desterro estremeño, ata 1944, ano da publicación da primeira edición de Sempre en Galiza e da fundación do Consello de Galiza, do que foi primeiro presidente.

A exposición, organizada polas Concellerías de Cultura e Normalización Lingüística de Quiroga e patrocinada pola Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, consta de oito paneis con materiais documentais e bibliográficos que resumen o pensamento político de Castelao.

A mostra foi inaugurada este venres, 3 de outubro e permanecerá aberta ata o 15 de outubro na Casa da Cultura. A apertura incluíu unha “visita teatralizada” a cargo do grupo de teatro Os Quinquilláns, así como a representación da obra “Cousas”, da mesma compañía.

⚙ Configurar cookies
0.091999053955078