Volve un ano máis o Samaín a Taboada
Chega a Noite de Meigas ao Concello de Taboada o vindeiro 31 de outubro a partir das 17 horas. Desta maneira, a cita, que se realizará na Alameda, está dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos.
Dende o concello, convidan a pasar unha tarde-noite de terror, na que se realizarán obradoiros de manualidades con cabazas -os participantes que queiran decorar as súas propias cabazas terán que apuntarse no Concello-, xogos de medo e baile de disfraces.
Ademais, haberá merenda para todos os participantes e todos aqueles que veñan disfrazados ou que decoren as súas cabazas, contarán con agasallos.
Para inscribirse é preciso facelo no Concello antes do día 25 de outubro. Así mesmo, para máis información ou para calquera dúbida pódese chamar ao número de teléfono 982 465 301.