Volta ao Folgoso o XXIV Filandón de músicas do Caurel
Chega ao Folgoso do Courel o XXIV Filandón de músicas do Caurel, este ano na memoria de José Rodríguez Núñez, gaiteiro de Pacios de Trala Serra. A riqueza musical do Courel volve a recobrar a vida nun escenario único, na ferrería de Seoane do Caurel.
Este ano levarase a cabo o vindeiro 8 de agosto a partir das 18.30 horas da tarde e terá coma actuación especial o concerto de Carmen Penín, unha compositora que se sinte cómoda nos límites entre os xéneros e que ten diferentes influencias, dende a canción tradicional ata o jazz. Penín presentará o audiovisual Cantos de terra e sal, na que realizará versións personais de estas antigas cancións, así coma de algunhas das máis coñecidas da súa terra.
Por outra beira, como é habitual, haberá diferentes artistas populares entre os que se atopan cantores, brindeiros, gaiteiros e músicos -entre outros- que albergan antiquísimas tradicións.
Así mesmo, haberá unha exposición de libros, discos e instrumentos populares e productos do Caurel, nos que se porá en valor a calidade e a riqueza da zona, así coma a súa historia e a súa cultura que continúa presente a día de hoxe.