Unha xornada que une cogomelos e castelos na Pobra do Brollón

RibeiraSacraXa
O último sábado de outubro organizase na Pobra do Brollón unha iniciativa que reúne micoloxía, arqueoloxía, sendeirismo e gastronomía.
pobra brollon cogomelos castelos
24 Oct 2021

O último sábado de outubro, o Concello da Pobra do Brollón unido á Xunta de micoloxía Os Lactouros e o clube de montaña Buxán CM, organizan unha iniciativa que reúne micoloxía, arqueoloxía, sendeirismo e gastronomía.

Desta maneira, realizarase unha saída micolóxica en busca de cogomelos, acompañados por grandes coñecedores e, posteriormente, visitarase o xacemento de Penas do Castelo - Arqueoloxía de Aldea.

A cita realizaras en Salcedo, o sábado 30 de outubro. Así mesmo, para rematar a xornada, todas aquelas persoas que o desexen poderán quedar a cear na Cantina de Julia xabarín con cogomelos (haberá opción vexetariana).

Para poder participar é preciso inscribirse antes do vindeiro xoves 28 de outubro. Para máis información ou para apuntarse, pódese contactar co número de teléfono 650 624 828.

cartel pobra brollon cogomelos castelos
0.16250920295715