Un torneo de picadiscos nos bares da Pobra do Brollón

RibeiraSacraXa
Este domingo inaugúrase a programación de lecer nas terrazas dos bares da Pobra do Brollón coa semifinal do torneo de picadiscos.
terraza a pobra
29 Maio 2021

Este domingo celébrase na Pobra do Brollón a primeira semifinal da iniciativa Pratos e Discos, inaugurando o plan municipal de dinamización da hostalería que se estenderá ao longo do verán. 

Este domingo 30 ás 13:00 h na Cantina de Julia (Salcedo) comezan as roldas de semifinais de Pratos e Discos, unha iniciativa xurdida o verán pasado na que os  propios veciños fan de picadiscos nun torneo no que se van enfrontando entre si. 

A decisión de quen pasa de rolda tena o público asistente mediante o seu voto, emitido no mesmo lugar tras o evento. Este domingo o público deberá elixir entre Mark Elo e Marccos. Deste enfrontamento sairá o primeiro finalista da edición. 

A rolda de semifinais quedou pendente do ano pasado polo que estas primeiras sesións son aínda da edición 2020. A previsión é celebrar as dúas semifinais e a final desta edición na primavera, e comezar a edición 2021 no verán. 

"Trátase dunha iniciativa que incentiva o consumo nas terrazas, non só durante o evento senón tamén a posteriori", comenta Xosé Lois Maceda, alcalde da Pobra do  Brollón. "Ao mesmo tempo, o feito de ser veciños os que poñen a música reforza os lazos comunitarios". 

Ademais de Pratos e Discos, tamén está previsto realizar este verán concertos nas terrazas guímaras. Iranse anunciando na páxina web e redes do Concello da Pobra do Brollón.

picadiscos a probra do brollon
0.1231369972229