Última semana para inscribirse na Escola de Música Samoeiro

RibeiraSacraXa
A Escola de Música Municipal Samoeiro no Concello da Pobra do Brollón continúa co prazo de inscrición aberto.
clase musica guitarra
20 sep 2021

A Escola de Música Municipal Samoeiro na Pobra do Brollón continúa co prazo de inscrición aberto, cunha oferta de nove materias, entre as que se inclúe como novidade deste ano clases de guitarra. O prazo de matrícula pecha o vindeiro 28 de setembro.

En tódalas materias excepto coro, pódense facer grupos para adultos e nenos. Ademais, ofrécese unha materia específica de iniciación musical para nenos de 5 a 12 anos.

Ademais das materias xa mencionadas, ofértanse clases de baile tradicional galego, acordeón, gaita, percusión tradicional, frauta e piano.

Poden matricularse persoas residentes tanto na Pobra do Brollón como noutros concellos. O prezo anual da matrícula nunha materia son 90 euros. Para cada materia adicional, son 45 euros. Ademais hai un prezo reducido para membros dunha mesma unidade familiar.

A matrícula realízase de xeito presencial na biblioteca municipal, na Casa da Cultura Olga Novo, en horario de 11 a 13.30. Para máis información, pódese chamar ao teléfono 982 430 546.

cartel escola de musica samoeiro pobra brollon
0.17348909378052