Trives pon en marcha un bono de 30 euros para libros e material escolar destinado a menores de 18 anos

RibeiraSacraXa
O Concello da Pobra de Trives anunciou a creación dun bono de 30 euros destinado aos menores de idade do municipio, co obxectivo de fomentar a lectura e, en parte, facilitar a adquisición de material escolar
carral-libros
24 Oct 2025

A solicitude poderá realizarse tanto de forma en liña como de maneira presencial na Casa Consistorial, e o único requisito para acceder a esta axuda é figurar no padrón municipal, sendo a condición que o importe debe gastarse íntegramente en establecementos da localidade.

Deste xeito, o goberno local asegura que “todas as persoas de menos de 18 anos da localidade poidan dispoñer deste bono”. Unha vez recibido, deberá utilizarse en negocios de Trives, xa sexa para mercar libros ou material escolar, co obxectivo adicional de impulsar o comercio local e apoiar ás librarías e comercios da vila.

A alcaldesa de Trives, Patricia Domínguez, sinalou que a medida “busca, principalmente, promover a lectura entre os máis novos e facelo de forma igualitaria, sen discriminación e respectando a privacidade dos menores e as súas familias”.

O Concello decidiu impulsar esta iniciativa como alternativa a un programa provincial da Deputación, debido a diferenzas coa campaña de menor alcance e contía lanzada pola institución provincial. Neste sentido, explican desde o Concello, a Deputación vinculaba a axuda de 20 euros por menor á firma previa dun contrato que cedia todos os datos do padrón municipal, incluídos os dos menores. Segundo o goberno local, esta cesión masiva de datos xera dúbidas sobre a súa regularidade, tanto internamente como en empresas externas consultadas, especialmente na que xestiona a protección de datos.

⚙ Configurar cookies
0.068876028060913