Trives mellorará o Campo Municipal O Agro cun investimento de 518.370 euros

RibeiraSacraXa
O proxecto inclúe a substitución do céspede natural por unha superficie sintética de alta calidade, cumprindo cos estándares da FIFA e da RFEF para competicións
campo-municipal-futbol-o-agro-a-pobra-de-trives
Campo de fútbol O Agro, A Pobra de Trives
28 Mar 2025

O Concello de A Pobra de Trives aprobou por unanimidade no último pleno o proxecto de mellora e rehabilitación do Campo Municipal O Agro, cun investimento total de 518.370,07 euros financiados pola Xunta, Deputación e Concello. Esta actuación transformará o actual campo de fútbol de herba natural nunha instalación moderna con céspede artificial, mellorando as condicións para a práctica deportiva e permitindo un uso máis intensivo.

O proxecto inclúe a substitución do céspede natural por unha superficie sintética de alta calidade, cumprindo cos estándares da FIFA e da RFEF para competicións. Ademais, renovarase por completo o sistema de iluminación mediante proxectores LED máis eficientes, que garantirán unha mellor visibilidade e un menor consumo enerxético. Tamén se actualizarán as redes de drenaxe e rego, asegurando un mantemento máis sostible e reducindo os custos de conservación.

Entre as principais melloras destacan a preparación do terreo con movementos de terras e a instalación dunha base estable para o céspede artificial, así como a colocación de novas canaletas e tubos para unha drenaxe eficiente. O sistema de rego contar con aspersores automatizados, mentres que a nova iluminación LED, situada en torres de 18 metros de altura, permitirá un alumeado uniforme e sen deslumbramentos.

As obras desenvolveranse nun prazo de catro meses, distribuídas en varias fases. Nun primeiro momento, realizarase a retirada dos elementos existentes e a preparación do terreo. A continuación, executaranse as cimentacións para as novas instalacións, seguido da colocación das redes de drenaxe, rego e electricidade. A fase final incluirá a instalación do céspede artificial e a colocación do novo equipamento deportivo, como porterías e bancos.
Unha vez rematadas as obras, o Campo Municipal O Agro converterase nun espazo moderno, funcional e adaptado ás necesidades dos clubs locais e da cidadanía en xeral, impulsando o deporte base na comarca.

⚙ Configurar cookies
0.34677696228027