Trives inaugura a mostra 'Destino. Unha peregrinación de Manuel Valcárcel'

RibeiraSacraXa
A exposición pódese visitar na Sala de Exposicións do Edificio Santa Leonor
expo-trives-afundacion-destino
Inauguración da exposición 'Destino. Unha peregrinación de Manuel Valcárcel'
29 May 2025

O Concello da Pobra de Trives, ABANCA e Afundación, a Obra Social de ABANCA, inauguraron hoxe «Destino. Unha peregrinación de Manuel Valcárcel» coa asistencia de Patricia Domínguez Barja, alcaldesa da Pobra de Trives; Mateo Alonso San Román, coordinador institucional de ABANCA en Ourense; e Beatriz Fernández-Anguiano, coordinadora institucional de Afundación en Ourense e Lugo.

Poderase visitar ata o vindeiro 30 de xuño, de luns a venres en horario de 10:00 a 13:30 horas e sábados e festivos de 11:00 a 14:00 horas.

Nesta terra de emigrantes e peregrinos sabemos mellor ca ninguén da importancia vital da viaxe, un percorrido físico que implica, en paralelo, unha reflexión interior sobre os nosos valores, a nosa identidade e as nosas necesidades. Nas catro peregrinacións do fotógrafo galego Manuel Valcárcel fálasenos de familia, de emigración, de envellecemento, de sostibilidade e de fogar, grandes temas da humanidade que teñen a súa correspondencia no labor social de Afundación, a Obra Social de ABANCA, e que nesta exposición afloran a través da viaxe interior e física de Valcárcel e das súas potentes imaxes cargadas de emoción, vida e cor.

‘Destino’ amosa catro peregrinacións en catro países de catro continentes, alicerzándose na fotografía documental como ferramenta narrativa e contando distintas historias unidas por un mesmo sino. Concíbese esta expedición como unha viaxe en espiral de seres humanos unidos e guiados polo destino, na busca de respostas a preguntas universais que nos atinxen a todas as persoas do mundo.

Á súa vez, esta exposición realiza a súa particular viaxe polas diferentes localidades de Galicia nas que se mostra dentro do programa «Corrente cultural», que permite a Afundación programar actividades culturais, grazas á colaboración cos concellos e con ABANCA.

Nas catro peregrinacións do fotógrafo galego Manuel Valcárcel se nos fala de familia, de emigración, de envellecemento, de sostibilidade e de fogar, grandes temas da humanidade que nesta exposición afloran a través da viaxe interior e física de Valcárcel, e das súas potentes imaxes cargadas de emoción, vida e cor.

‘Destino’ amosa catro peregrinacións en catro países de catro continentes ―O Tíbet, Senegal, México e Galicia―, alicerzándose na fotografía documental como ferramenta narrativa e contando distintas historias unidas por un mesmo sino.

⚙ Configurar cookies
0.61144614219666