Trémola Teatro representará 'Valente e Rebelde' esta tarde en Monforte

RibeiraSacraXa
Dende o Concello de Monforte, a través da concellería de Muller e Igualdade e o CIM, e en colaboración coa Concellería de Cultura, programouse, co gallo do Día Internacional para a eliminación da violencia de xénero unha nova representación teatral, dado o éxito que están a ter este tipo de iniciativas culturais.
10 Mar 2024

Deste xeito, esta tarde de 10 de marzo ás 18.00 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura vaise levar a cabo a representación teatral Valente e rebelde da compañía Trémola Teatro, que terá unha duración de 50 minutos, será con entrada gratuíta e irá dirixida ao público familiar.

Argumento

"Algunha vez quixeches descubrir o que escribe a túa irmá maior no seu libro secreto? Anita atopouno e descubriu que escribe e debuxa sobre o seu personaxe favorito. Poderías adiviñar cal é?"

As dúas actrices que desenvolven a representación teatral darán vida a mil e unha aventuras a través de xogos e disfraces para demostrar que o mellor é ser Valente e Rebelde.

Trémola Teatro é unha compañía creada a finais do 2017. As súas fundadoras, profesionais das artes escénicas, coñecéronse na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESADg) mentres realizaban estudos de interpretación. A compañía creceu, e actualmente a compoñen catro actrices máis. Coa mesma ilusión que ao principio, Trémola Teatro non para de percorrer Galicia e Madrid cos seus espectáculos.

0.086097002029419