Técola Teatro pon fin á programación de 2024 do Multiusos de Monforte coa función ‘Coa música a outra parte’
Monforte programa para este xoves 26 de decembro ás 18:00 horas no auditorio do Edificio Multiusos a última das obras de teatro correspondentes ó segundo trimestre deste ano 2024.
Trátase do espectáculo infantil ‘Coa música a outra parte’, da compañía Trécola Producións. A autora e directora é Isa G. Coldeira e o elenco está composto por Ero Vázquez Cabrera e Raquel López Cendán.
É unha obra dirixida a público infantil e familiar, con entrada libre e gratuíta, e forma parte do Circuíto de Teatro Profesional da Área de Cultura da Deputación de Lugo e do Programa de Nadal do Concello de Monforte.
Sinopse
'Coa música a outra parte' é unha comedia de luva e música en directo. Catro historias entrelazadas forman este enredo baseado en varias obras de Rafael Dieste ás que Trécola Producións lle dá unha volta, engadindo escenas de colleita propia e actualizando o seu argumento con temáticas combativas e irreverentes, para darlles un toque divertido e provocador.