Teatro Sin Papeles levará a Chantada a función 'Aquí nunca pasa nada'

RibeiraSacraXa
O obra, baseada no Caso Carioca, fala sobre a violencia e a explotación sexual das mulleres pobres
aqui-nunca-pasa-nada
8 Dec 2024

A compañía ‘Teatro Sin Papeles’ levará ao Auditorio Municipal de Chantada a función ‘Aquí nunca pasada’, baseada no coñecido Caso Carioca e que xa conseguiu reunir en Lugo a preto de 400 persoas.

A representación, que terá lugar o vindeiro sábado, 14 de decembro, ás 18.30 horas, pretende dar visibilidade e sensibilizar dobre a violencia machista, poñendo o foco no Caso Carioca , como paradigma da violencia e da explotación sexual das mulleres pobres a mans de homes do sistema e coa impunidade que o mesmo lles outorga, tal e como explican dende a compañía.

⚙ Configurar cookies
0.34221386909485