Teatro do Miolo leva a Monforte a súa función ‘Saíndo do Cerco’

O Concello de Monforte programa para este mércores 18 de decembro ás 20.30 horas na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro unha nova obra de teatro, neste caso dentro do Circuíto de Teatro Profesional da Área de Cultura da Deputación de Lugo, correspondente ao segundo trimestre deste ano 2024, e que tamén está incluída no Programa de Nadal do Concello de Monforte.
Así, terá lugar a coa posta en escena da obra para todos os públicos ‘Saíndo do Cerco’, da compañía Teatro do Miolo, unha peza cuxa autoría e dirección corre a cargo de Guillermo Cancelo e o seu elenco é Chelo Lamela, André Vázquez e Guillermo Cancelo. É unha obra para todos os públicos, con entrada libre e gratuíta.
Sinopse
Suso é un novo residente no centro de maiores. Pensa que por estar na última etapa da vida, esta non merece ser vivida. Amalia, unha compañeira de residencia, pode ser a peza que faga dar un xiro aos acontecementos, facendo que Suso atope o sentido da súa vida.