Taboada súmase á campaña ‘En Negro Contra as Violencias’ con motivo do 25N

RibeiraSacraXa
O programa incluirá actividades de sensibilización e un acto protagonizado polo alumnado do CPI San Tomé do Carballo
25n xenérico
16 Nov 2025

O Concello de Taboada participará un ano máis na campaña ‘En Negro Contra as Violencias’ con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, que se conmemora o 25 de novembro. A través desta iniciativa, o municipio busca reforzar a concienciación social e implicar á veciñanza na loita contra todas as formas de violencia machista.

O acto central terá lugar o propio día 25 pola mañá e contará coa participación do alumnado do CPI San Tomé do Carballo. Desde a Área de Educación e Benestar, o Concello sinala que a implicación dos estudantes é fundamental para avanzar na educación en igualdade e na prevención das violencias. Ademais, o 28 de decembro celebrarase un curso de defensa persoal feminina, para o que será necesaria inscrición previa.

⚙ Configurar cookies
0.083869934082031