Taboada renova o equipamento ximnasio municipal e actualiza as taxas dos servizos deportivos

RibeiraSacraXa
A intervención permitiu ampliar e mellorar o conxunto de máquinas de cardio e musculación, ademais de instalar un portal automático con apertura mediante tarxeta
maquinas-ximnasio-taboada
14 Oct 2025

O ximnasio municipal de Taboada conta desde hai uns días cun equipamento renovado e máis moderno, grazas a unha actuación promovida pola Concellería de Deportes ao abeiro do Plan Deputación 2025.

A intervención permitiu ampliar e mellorar o conxunto de máquinas de cardio e musculación, ademais de instalar un portal automático con apertura mediante tarxeta, que facilitará o acceso e control de uso das instalacións.

Paralelamente, o Concello actualizou mediante ordenanza as taxas correspondentes aos diferentes servizos deportivos de xestión municipal, como as escolas deportivas, a pista de pádel ou o propio ximnasio.

O Tenente de Alcalde, José Portela, xunto cos concelleiros Manuel Diéguez e Alexandre Varela, visitaron recentemente as instalacións do Cuartel Vello para comprobar os resultados das melloras, que valoraron de maneira moi positiva.

⚙ Configurar cookies
0.068608045578003