Taboada remodelará o parque infantil do Campo da Feira

Nos vindeiros días, o Concello de Taboada levará a cabo a remodelación do parque infantil situado no Campo da Feira. As actuacións, impulsadas pola Tenencia de Alcaldía, inclúen a reorganización dos espazos e a posta a punto das máquinas biosaudables para adultos, que serán recolocadas nun lugar próximo co obxectivo de garantir a seguridade dos nenos.
Ademais, instalarase unha tirolesa infantil, financiada a través do Plan Deputación 2025, cun orzamento de 9.827,62 euros.
Está previsto que os traballos estean rematados para a celebración de San Xoán.