Taboada recupera unha fonte e lavadoiro no lugar de Bidueiros

RibeiraSacraXa
Os traballos incluíron a limpeza de maleza e sucidade nas instalacións
fonte-lavadoiro-bidueiros
14 Jan 2026

O Concello de Taboada vén de rematar os traballos de recuperación dun conxunto formado por unha fonte e un lavadoiro situado no lugar de Bidueiros, na parroquia de Taboada dos Freires.

A brigada municipal de obras e servizos foi a encargada de levar a cabo os traballos, que incluíron a limpeza de maleza e sucidade nas instalacións. Ademais, realizouse unha limpeza xeral do entorno e aproveitouse para abrir un camiño interior que conecta os lugares de Bidueiros e Toldao.

O alcalde, Roi Rigueira, destaca que “a recuperación e o mantemento das instalacións públicas nas aldeas debe ser unha prioridade para calquera goberno que se precie, e se teñen que ver coa dispoñibilidade de auga e o acceso á mesma, máis aínda”. Ademais, agradeceu a colaboración dos veciños e veciñas que “aportaron o seu gran de area”

⚙ Configurar cookies
0.077564001083374