Taboada presenta este sábado as novas guías turísticas do municipio

RibeiraSacraXa
O proxecto, impulsado polo Concello coa colaboración do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, busca mellorar a información dispoñible para visitantes e poñer en valor os recursos do territorio
camino-dos-mouros-taboada
10 Apr 2026

O Concello de Taboada, en colaboración co Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, presentará este sábado, 11 de abril, un novo conxunto de ferramentas destinadas a reforzar a súa promoción turística. O acto servirá para dar a coñecer unhas novas guías turísticas do municipio, xunto cun mapa que incorpora a xeolocalización dos principais puntos de interese e unha renovada páxina web de turismo municipal.

Trátase dun proxecto no que o consistorio levaba tempo traballando e que ve agora a luz co obxectivo de mellorar a información dispoñible para visitantes e poñer en valor os recursos do territorio.

O acto contará coa participación de diversas autoridades e responsables do proxecto. Está prevista a asistencia de Luis Fernández Guitián, alcalde de Sober e presidente do consorcio, a xerente do mesmo, Alexandra Seara, e Jaume Alós, de Trasgos de Caldelas, encargado do deseño, edición e maquetación tanto da guía como do mapa e da web. Tamén estará presente a concelleira de Turismo de Taboada, María José Poyán, que desempeñou un papel clave no desenvolvemento desta iniciativa.

Con esta nova oferta informativa, o Concello busca facilitar o acceso aos recursos turísticos locais e mellorar a experiencia de quen visita o municipio.

0.11919093132019