Taboada inicia os traballos para a instalación da nova pérgola na Alameda

RibeiraSacraXa
A actuación conta cun investimento de 52.495,09 euros, dos cales 50.000 foron achegados pola Deputación de Lugo
inicio-obras-pergola-alameda-taboada
20 Nov 2025

O Concello de Taboada, a través da tenencia da alcaldía, vén de iniciar as obras para a instalación da nova pérgola na Alameda. Ao longo das próximas semanas, explican dende o consistorio, levarase a cabo a montaxe deste equipamento, que substituirá á antiga carpa de plástico e cubrirá a superficie da praza cunha largura de cinco metros.

O Tenente de Alcalde, José Portela, valora esta actuación como “un paso decisivo no noso proxecto de rexenerar a Alameda e o centro urbano da nosa vila, o cal é o noso obxectivo a medio prazo”.
A instalación da pérgola supón un investimento de 52.495,09 euros, dos cales 50.000 foron achegados pola Deputación de Lugo a través dun convenio asinado en novembro de 2024 coa Vicepresidencia.

⚙ Configurar cookies
0.071372032165527