Taboada acondiciona a antiga cafetería da Casa de Cultura para a asociación de xubilados

RibeiraSacraXa
Ademais, realizáronse melloras na praza anexa, situada xunto ao Cuartel Vello, o que permitiu recuperar unha zona que tamén se atopaba degradada
casa-de-cultura-taboada
19 Jun 2025

O Concello de Taboada habilitou a antiga cafetería da Casa de Cultura para o uso da asociación de xubilados. Grazas ao financiamento do Plan Deputación 2024 e á xestión da Tenencia de Alcaldía, púxose a punto “un dos mellores locais da vila”, que ata agora estaba en total desuso.

Con esta iniciativa da Tenencia de Alcaldía, a asociación de xubilados conta cun local máis seguro e accesible, que se complementa coa posta a punto da praza anexa, xunto ao Cuartel Vello, realizada o ano pasado.

Con estas actuacións, o Concello, a través da Tenencia de Alcaldía, busca ofrecer mellores instalacións e espazos adaptados ás necesidades da comunidade local.

⚙ Configurar cookies
0.1722559928894