Taboada acollerá este sábado lo libro ‘O violín que trae o vento’

O próximo sábado 12 de decembro ás 17:30 horas a Casa da Cultura de Taboada acollerá a presentación do libro–disco ‘O violín que trae o vento’, obra de Adrián Méndez Fernández, gaiteiro e zanfonista do grupo De Ninghures, así como profesor de baile tradicional e investigador da cultura popular.
Este proxecto recupera a historia de Modesta Fernández, coñecida como “a cega de Noceda”, unha violinista que animou durante décadas festas tradicionais na Fonsagrada e as zonas limítrofes con Asturias. A publicación, elaborada coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, recolle o traballo de investigación realizado por Adrián Méndez e inclúe recreacións do repertorio de Modesta interpretadas por destacadas violinistas galegas, entre elas María Jorge, Aldara Palmeiro, Antía Ameixeiras, Marina Carpente, Carmen Gallego e Begoña Riobó.