Sumar Galicia pide revisar a intervención prevista no Parque dos Condes de Monforte

RibeiraSacraXa
O movemento reclama máis transparencia e participación cidadá antes de executar cambios que afectan ao arborado e ao uso social do espazo público
futura-fonte-parque-dos-condes-monforte
Obras na liña de tren entre Ourense e Monforte
6 Mar 2026

Movemento Sumar Galicia na provincia de Lugo expresou a súa preocupación pola actuación iniciada no Parque dos Condes, en Monforte de Lemos, e reclamou unha revisión das prácticas urbanísticas que se están aplicando na cidade. A organización considera que Monforte constitúe unha referencia para o interior de Galicia e que as decisións que se adoptan sobre o seu espazo público poden marcar precedentes e influír no modelo de gobernanza urbana.

Segundo sinala a formación, nos últimos anos producíronse varias intervencións que seguiron unha dinámica similar. Entre elas menciona as actuacións no Malecón, os traballos realizados na chamada Zona D, o derrubamento da antiga fábrica de curtidos en 2022 ou a eliminación do muro de pedra do propio Parque dos Condes, actuacións que, ao seu xuízo, se caracterizaron por anuncios unilaterais e pola execución progresiva das obras sen procesos amplos de debate veciñal.

No caso da nova intervención prevista no parque, que contempla a instalación dunha fonte cualificada como “emblemática”, Movemento Sumar Galicia advirte de que implicaría a retirada de varias árbores e unha modificación significativa das condicións de habitabilidade do espazo. A organización considera que esta medida podería afectar á sombra, á continuidade do arborado e ao equilibrio dun dos principais espazos verdes da cidade.

Por este motivo, a formación reclama ao Concello de Monforte a publicación accesible de toda a documentación do proxecto e a apertura dun proceso de información e participación pública antes de executar calquera actuación irreversible.

0.115727186203