Sumar denuncia o estado das obras do tren entre Ourense e Monforte

RibeiraSacraXa | OurenseXa
Aseguran que o estado das mesmas é “lamentable” e piden unha resposta urxente por parte de Adif
muro-Monforte-Ourense
Obras na liña de tren entre Ourense e Monforte
19 Jun 2025

O deputado do grupo Sumar, Manuel Lago, ven de rexistrar un escrito ao goberno para denunciar o “estado lamentable” no que, segundo denuncian, terían quedado os terreos afectados polas obras recentemente finalizadas do tramo ferroviario Ourense - Monforte.

Denuncian a existencia de tubaxes desconectadas que chegan ao río, restos de canalizacións, cables colgados de pontes, envases e recipientes dos materiais empregados no proxecto, envases de comida e botellas de auga cada poucos metros, arquetas de cemento rotas, restos da vía anterior, especialmente no tramo entre as estacións de Areas e Santo Estevo.

Así mesmo sinalan que ningunha das empresas que realizaron os traballos “contaba cun plan de xestión de residuos, ou polo menos non o implementaban”. Esixen a ADIF, como responsable último das obras, que tome medidas.

“Agardamos unha resposta urxente do ADIF, e que indiquen que actuacións van levar a cabo”, asegura o deputado. “O estado das obras é lamentable, e require unha acción urxente para atender as queixas cidadás e limpar e manter o tramo”.

⚙ Configurar cookies
0.16438102722168