Sober continúa coa súa programación cultural

RibeiraSacraXa
O Concello de Sober conta cunha programación cultural ampla e variadas nestes meses de outubro e novembro.
actividades sober cartel
17 Out 2021

O Concello de Sober conta cunha programación cultural ampla e variadas nestes meses de outubro e novembro. Desta maneira, poderase participar en diferentes actividades de forma segura e amena.

A primeira cita é a presentación do libro La hora de las golondrinas, de Eleonor Gil. A autora, nada en Madrid, escribe por afección e por pura paixón. En 2017 publicou a súa primeira novela Huellas, e agora afronta un novo reto con La hora de las golondrinas.

Esta novela, publicada no 2020, reivindica, sobre todo, a aventura de vivir coma unha forma marabillosa. Así mesmo, nela aparece a Ribeira Sacra en dous momentos da súa historia. A presentación levarase a cabo o día 23 de outubro, ás 12 horas.

O sábado 30 de outubro realizarase unha actuación musical formada polo violinista Miquel Muñoz e o pianista Lluís Rodríguez Salvá. O concerto celebrarase no centro sociocultural, ás 19 horas e está organizada polas Xuventudes Musicais de Sober.

A continuación, xa chegados ao mes de novembro, o día 6 levarase a cabo a proxección do audiovisual Nosoutras - Relatos Femininos, a segunda parte dun proxecto de igualdade que nace co obxectivo de homenaxear ás mulleres do mundo rural e de facer visibles as condutas machistas que xerminan neste contexto.

Xa o día 19 de novembro, realizarase a representación de Anacos, unha obra de teatro que forma parte do ciclo Seráns Teatrais. Así mesmo, a obra vén a cargo da compañía Ítaca Teatro e levarase a cabo ás 19 horas.

O sábado 20 de novembro, polo seu lado, celebrarase a festa de Santa Cecilia a través de dúas actuación musicais. Pola mañá, levarase a cabo un concerto cos estudantes da escola municipal de música e, pola tarde, ás 19 horas, realizarase un concerto da soprano Mireia Tabarró e a intérprete de piano Carmen Santamaría.

Para finalizar a programación cultural de outono do Concello de Sober, o día 27 de novembro realizarase a representación da obra A tortilla e a peste, da compañía Nova Escena Teatro.

actividades sober cultura
0.088771104812622