Sober acolle unha charla dentro das actividades do mes de Amandi

RibeiraSacraXa
Dentro das actividades do mes do Amandi, o próximo mércores 18 de agosto ás 19 horas no Centro Sociocultural de Sober hai unha charla.
viñas chancís sober
17 Ago 2021

Dentro das actividades do mes do Amandi, o próximo mércores 18 de agosto ás 19 horas no Centro Sociocultural de Sober terá lugar unha charla a cargo o de Vicente Sotés, Catedrático da Universidad Politécnica de Madrid, experto da O.I.V. en Cambio Climático.

A charla ten por título O efecto do cambio climático, o desafío da adaptación de variedades nos viñedos de Amandi.

Ao final da charla o enólogo Alfonso Losada, máster en viticultura e enoloxia, dirixirá unha cata dos viños gañadores do concurso de cata da XLI Feira do viño de Amandi.

O aforo para cumprir coa normativa sanitaria é de 20 prazas. Para participar é preciso anotarse en turismo@concellodesober.com ou na propia oficina Municipal de Turismo.

0.14194202423096