Sober acolle o espectáculo infantil Vacacións no mar

O Concello de Sober acolle o vindeiro venres 24 de setembro, o espectáculo infantil Vacacións no mar. Esta actuación vén da man da compañía Mircromina e é unha cita indispensable para gozar en familiar.
A actuación, de 45 minutos de duración, celebrarase no CEIP Plurilingue Virxe do Carme de Sober, a partir das 12 horas. Así pois, para dito espectáculo de monicreques será precisa inscrición previa.