Segredos de Pantón e a Asociación de Veciños de Tuiriz organizan un taller de confección de adornos de nadal

RibeiraSacraXa
Segredos de Pantón xa está comezando a programar algunhas actividades de nadal conxuntamente coa Asociación de veciños de Tuiriz.
Nadal decorativos
23 Out 2023

Segredos de Pantón xa está comezando a programar algunhas actividades de nadal conxuntamente coa Asociación de veciños de Tuiriz.

Así, organizan un pequeno taller de confección de adornos para ir preparando os elementos decorativos con materiais reciclados e dándolle unha nova vida a estes.

Esta actividade, que será totalmente gratuíta, terá lugar o vindeiro 5 de novembro ás 16.30 horas no local social da asociación de veciños de Tuiriz e terá cabida para 25 persoas, polo que hai que apuntarse de antemán.

Ademais, desde Segredos de Pantón indican aos posibles participantes que deben levar pinturas, anacos de madeira e calquera cousa que os participantes queiran usar como decoración.

Taller de decoracións de Nadal Segredos de Panton
0.094933986663818