Rutas de sendeirismo na Ribeira Sacra
A Ribeira Sacra acolle no mes de agosto diferentes rutas de sendeirismo, de entre oito e dez kilómetros -aproximadamente dúas ou tres horas-. Unha paisaxe envexable na que se poderán contemplar as mellores vistas da zona, así coma os elementos máis característicos e únicos.
Natureza, camiños e tranquilidade únense para unha completa desconexión na que os sons que se poden escoitar son todos os relacionados con especies vexetais e animais. As rutas realizaranse do 15 ao 22 de agosto e serán polo monte da Roda.
Así mesmo, dende a organización recomendan o emprego de calzado axeitado para trekking ou montaña, auga e máscara. No caso dos bastóns son opcionais dependendo dos gustos e preferencias de cada persoa.
Para máis información ou para inscribirse pódese contactar coa organización Monte da Roda a través do teléfono 600 544 476, nas redes sociais ou na páxina web.