Ribas de Sil reforza a seguridade viaria con novo equipamento logístico

RibeiraSacraXa
A nova equipación permitirá optimizar a sinalización en incidencias, reforzar os dispositivos de control do tráfico e mellorar a resposta ante emerxencias
novo-equipamento-ribas-de-sil
20 Mar 2026

O Concello de Ribas de Sil reforzou esta semana a seguridade viaria tras recibir un kit de material loxístico na Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) en Silleda. Ao acto acudiron o alcalde, Roberto Castro, e a tenente de alcalde, que recolleron o equipamento que permitirá optimizar a sinalización en incidencias, reforzar os dispositivos de control do tráfico e mellorar a resposta ante emerxencias nas vías do municipio.

A entrega realizoua o conselleiro de Presidencia, Diego Calvo, acompañado do director xeral de Emerxencias, Santiago Villanueva, quen destacaron a importancia da colaboración entre administracións para avanzar na prevención de riscos e na protección da cidadanía.

Este kit forma parte dunha iniciativa que beneficiou a un total de sete concellos da provincia de Lugo, entre eles Quiroga, e busca dotar aos municipios de ferramentas que melloren a seguridade viaria e a capacidade de resposta ante situacións de emerxencia.

0.13487601280212