Ribas de Sil participa no programa Coñece a túa provincia cunha excursión
RibeiraSacraXa
O Concello de Ribas de Sil participa no programa Coñece a túa provincia cunha excursión que se levará a cabo o vindeiro día 6 de outubro
27 Sep 2021
O Concello de Ribas de Sil participa no programa Coñece a túa provincia cunha excursión que se levará a cabo o vindeiro mércores día 6 de outubro. A visita realizarase á Deputación de Lugo e, posteriormente, irase á Mariña lucense.
A excursión é de balde e inclúe transporte, guía acompañante, xantar, entradas aos lugares de visita e seguro de viaxeiros.
Aquelas persoas que estén interesadas en participar nesta viaxe poderán apuntarse nas oficinas do concello chamando ó 982 428237. Polas medidas covid só se admiten 20 prazas que se cubrirán por rigoroso orde de inscrición.