Ribas de Sil celebra as festas de San Clodio os vindeiros 30 e 31 de outubro e o 2 de novembro

RibeiraSacraXa
Durante as festas, inaugurarase a remodelación integral do pavillón polideportivo ás 13.00 horas
festas-ribas-de-sil-2
23 Out 2024

O Concello de Ribas de Sil, da man do Xeoparque Montañas do Courel, organizan as Festas de San Clodio os vindeiros 30 e 31 de outubro e 2 de novembro.

Desta maneira, a festa comezará o mércores que vén ás 12.00 horas coa santa misa na honra do patrón San Clodio, seguidamente da inauguración da remodelación integral do pavillón polideportivo ás 13.00 horas.

O pavillón de San Clodio foi renovado coa axuda do Fondo de Cooperación local da Xunta de Galicia e os traballos conseguiron a mellora dos vestiarios, a mellora da accesibilidade na Fonte da Prata (con fondos do Plan Deputación) e novas instalacións deportivas no antiguo parque de bicicletas, tamén financiado co Plan Deputación e Fondos Europeos.

Ás 13.30 horas terá lugar o xantar popular, ás 20.00 horas será o gran magosto no pavillón e ás 20.30 horas comezará a Festa amenizada polo Dúo Estrelllas.

Pola súa parte, o día 31 será a XXIV Festa da Terceira Idade, comezando ás 13.15 horas coa misa, ás 14.00 horas terá lugar un agasallo aos maiores na comida popular, ás 20.00 horas haberá unha gran chourizada na praza do Concello e ás 21.00 horas terá lugar a festa amenizada polo Dúo Explosión e o Dj Adri Díaz.

O día 2 de novembro, pola súa parte, comezará a festa ás 12.00 horas coa Furgo Galicia Saber Amar, que tamén estará de 17.00 a 21.00 horas. Pola súa parte, ás 19.00 horas, haberá teatro no salón de actos do Concello coa obra ‘As mentiras teñen os pés pequenos’, de Pico do Castro.

0.20498418807983