Rematou con éxito o taller de fotografía na Casa Grande de Rosende de Sober

RibeiraSacraXa
Rematou con éxito o taller de fotografía organizado por La Plantación na Casa Grande de Rosende, situada no Concello de Sober.
Sober bolsa internacional de fotografía Pintor de Castinandi
12 Xul 2022

Rematou con éxito o taller de fotografía organizado por La Plantación na Casa Grande de Rosende, situada no Concello de Sober.

O alcalde, Luis Fernández Guitián, foi o encargado de entregar a Bolsa Internacional Pintor de Castinandi ao mozo de Logroño Enrique Antonio Ojeda, que asistiu de maneira gratuíta ao obradoiro 'Escuridade, luz e relato', impartido polo prestixioso fotógrafo Paulo Nozolino.

No taller participaron 16 persoas de España, Portugal, Londres e Francia. Ademais das sesións de fotografía fixeron un percorrido por algúns dos principais recursos turísticos da zona.

0.059287071228027