Rematan os traballos na pista polideportiva e de Vólei Praia de Ribas de Sil
RibeiraSacraXa
As obras foron posibles grazas a unha inversión de 47.000 euros financiados integramente polo Plan Único da Deputación de Lugo
Pistas deportivas, Ribas de Sil
18 Nov 2024
O Concello de Ribas de Sil vén de rematar os traballos na pista polideportiva e de Vólei Praia grazas a unha inversión de 47.000 euros financiados integramente polo Plan Único da Deputación de Lugo.
As pistas contan con iluminación para que os e as deportistas do concello poidan practicar deporte tamén pola noite, a través de sensores de movemento para que o espazo só permaneza iluminado mentres estea en uso, contribuíndo así á súa sustentabilidade.