Regina López Arias toma o relevo de Margarita López como nova responsable de Muller e Igualdade de Monforte

Regina López Arias será a encargada de exercer as competencias en materia de muller e igualdade no Concello de Monforte tras a renuncia de Margarita López á fronte desta concellería por motivos persoais.
A responsable da área de Consumo e integrante do Equipo de Goberno desde 2019 tomará os mandos desta área e encabezará os actos organizados polo Concello de Monforte con motivo da conmemoración do 8M, Día Internacional da Muller, un programa que recolle un amplo abano de actividades dirixidas a concienciar a toda a poboación sobre a necesidade de avanzar na igualdade real entre homes e mulleres.
A xornada central do programa será o propio domingo, 8 de marzo, coa concentración e lectura do manifesto á cargo da Concelleira Regina López, ás 13.00 horas, diante das Casitas. Neste acto presentarase a Instalación Expositiva “Mulleres con luz propia” que permanecerá pendurada nas farolas da marxe dereita da Rúa Cardeal, dende a esquina coa Avenida de Galicia ata o final do Paseo da Compañía. Así mesmo, repartirase entre o público asistente material de sensibilización serigrafiado coa imaxe representativa da exposición.
Coa delegación das atribucións no ámbito de muller e igualdade, a Concelleira Regina López será responsable da delegación de Muller, Igualdade e Consumo do Concello de Monforte.