Quiroga mellora a rede de abastecemento de auga

RibeiraSacraXa
O proxecto estase a levar a cabo en dous tramos da Rúa Real e conta cun orzamento de 35.000 euros
melloras-abastecemento-de-auga-quiroga
Mellora de abastecemento da rede de auga de Quiroga
1 Feb 2025

O Concello de Quiroga traballa na renovación da rede de traída de auga potable municipal en varios tramos da vila quiroguesa. O proxecto inclúe dous tramos, un situado na Rúa Real, acoutado entre a intersección con Rúa Praia ata a intersección con Rúa Piscinas, aproximadamente 152 metros; e o outro situado na Rúa Río Sil, nun tramo de aproximadamente 107 metros.

A actuación, cun orzamento que supera os 35.000 euros, conta co financiamento do programa de rexeneración e renovación urbana dentro da Área de Rehabilitación Integral ARI do núcleo de Quiroga.

Segundo o departamento de augas estes tramos eran os que xeraban máis avarías na rede de abastecemento de auga. Contaban con tubaxe de fibrocemento, material que se encontra deteriorado e causa fugas que cómpre reparar con asiduidade; polo que se está cambiando por unha nova tubaxe de pvc.

Para realizar estas melloras foi preciso levantar o pavimento e excavar ata a rede de distribución, na que se están colocando as novas tubaxes e as acometidas das vivendas. Continuarase co recheo dos buracos e a reposición do pavimento. O Concello de Quiroga tamén ten proxectado realizar outra actuación semellante nun tramo da rúa Caurel á altura da rúa dos Tallos

0.18906593322754