Quiroga inaugurará este venres a mostra ‘A maxia das Cores’

Quiroga inaugurará este venres, na sala de exposicións Manuel María, no Centro Sociocultural, a mostra ‘A maxia das Cores’, unha exposición abstracta de arte diverxente do artista Jose Luis Taracena, que estará presente durante o acto de apertura.
A exposición, que abrirá ao público o venres 11 de abril ás 18.00 horas poderá visitarse ata o 30 de abril. Ademais, o derradeiro día, haberá un sorteo de dúas obras do artista.