Quiroga inaugura este luns a exposición “Os Maragatos da Porta de San Pedro”

RibeiraSacraXa
Durante o acto terá lugar tamén a presentación do libro homónimo que recolle esta historia
expo-maragtos-quiroga
2 Feb 2026

O Concello de Quiroga, xunto co Colectivo Egeria e a Fundación Carmen Pérez-Carro, presenta a exposición Os Maragatos da Porta de San Pedro, que se poderá visitar desde o próximo luns 2 de febreiro na Casa da Cultura.

A mostra está composta por 12 paneis en galego e castelán que resumen a historia da familia Pérez Carro, orixinaria de Lugo e recoñecida polo seu importante papel comercial e social na cidade desde hai máis de 145 anos.

Os maragatos son tradicionalmente os habitantes da comarca leonesa da Maragatería, coñecidos polo seu traballo como arrieros e a súa habilidade no comercio. En Lugo, esta figura vai máis alá, e a familia Pérez Carro é un referente imprescindible para entender a historia da cidade desde finais do século XIX.

A finais do século XVIII, Tomás Pérez Carro e Vicenta García Carro, procedentes de Santa Colomba de Somoza, asentáronse fronte á histórica Porta Toledana da Muralla de Lugo, actual Porta de San Pedro, converténdose en veciños da cidade. A terceira xeración desta familia impulsa este proxecto para investigar e dar a coñecer a súa orixe leonesa, o seu arraigo en Lugo e a súa traxectoria no comercio local.

A exposición e o libro que recolle esta historia presentaranse o luns 2 de febreiro ás 13:00 horas na Casa da Cultura. A mostra estará aberta ata o 16 de febreiro.

⚙ Configurar cookies
0.077042818069458