Quiroga e Ribas de Sil convocan un curso para os exames do Celga

RibeiraSacraXa
O Servizo de Normalización Lingüística dos concellos de Quiroga e Ribas de Sil convoca un curso preparatorio para os exames Celga.
quiroga casa concello
23 Ago 2021

O Servizo de Normalización Lingüística dos concellos de Quiroga e Ribas de Sil convoca un curso preparatorio para os exames Celga (Certificado de Estudos de Lingua Galega). Trátase dun sistema de certificación de lingua galega adaptado ao Marco europeo común de referencia para as linguas.

O prazo de inscrición será ata o 3 de setembro chamando ao teléfono 982 435 125.

Os Celga permiten certificar o coñecemento que unha persoa ten do galego para os efectos de xustificar méritos ou requisitos laborais e académicos. A maneira de obtelo é validando os estudios previos de galego ou mediante un exame convocado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

O curso preparatorio para o exame da Secretaría Xeral de Política Lingüística desenvolverase dende o 1 de setembro ata o 15 de outubro, os luns, martes, mércores e venres de sete da tarde a nove da noite na casa da cultura de Quiroga.

Dende o Servizo de Normalización Lingüística resaltan que se prevé que este ano haxa convocatoria de exames no mes de novembro.

cartel celga quiroga ribas de sil
0.17093515396118