Quiroga celebra a festa de Samaín no pub Yoya

RibeiraSacraXa
O Concello de Quiroga celebra no día de mañá, venres 29 de outubro, a festa de Samaín 2021, que se levará a cabo no pub Yoya.
cartel samain portada
28 Out 2021

O Concello de Quiroga celebra no día de mañá, venres 29 de outubro, a festa de Samaín 2021. Despois de que a situación sanitaria estea mellorando, Quiroga organizou un festexo de Samaín no pub Yoya.

A celebración, que está dirixida a todos os públicos, realizarase de 17 a 20 horas e será preciso cumprir coas medidas sanitarias correspondentes para poder gozar dunha tarde de terror, amena e segura.

Por esta razón, dende a organización indican que será obrigatorio o emprego de máscara, así coma o certificado covid para maiores de 12 anos.

cartel samain quiroga
0.14588403701782