Quiroga avanza o plan de actuacións en materia turística para este 2025

RibeiraSacraXa
O Concello acordou poñer en marcha por segundo ano o programa ‘Descubrir Quiroga’
reunion-turismo-quiroga
23 Jan 2025

O Tenente de Alcalde, Vicente Parra, mantivo un encontro cos técnicos de Cultura e Turismo do Concello de Quiroga para iniciar o plan de actuacións para este 2025.

En total, na reunión abordáronse catro liñas estratéxicas en materia turística para este ano. Por unha banda, os representes do Concello destacaron o “éxito acadado con gran acollida por parte de veciños e visitantes” do programa Descubrir Quiroga, posto en marcha o pasado verán cunha achega de 10.000 euros da Deputación de Lugo. Por iso, acordaron que este programa de dinamiza

Por unha banda, os representantes do Concello acordaron volver a poñer en marcha este ano o programa Descubrir Quiroga, unha acción de dinamización turística posta en marcha o pasado verán grazas a unha achega de 10.000 euros por parte da Deputación de Lugo e que acadou un gran éxito entre veciños e visitantes. Este programa consiste en coñecer Quiroga “dunha forma diferente a través de interesantes rutas e actividades acuáticas, complementadas con catas gastronómicas ou concertos”.

Ademais, no encontro abordouse a situación actual das numerosas rutas coas que conta o Concello de Quiroga, sete delas homologadas. Cunha axuda económica de preto de 30.000 euros a través da Rede Natura 2000 da Xunta de Galicia, e de fondos propios do Concello de Quiroga, sete das rutas están limpas e sinalizadas (PR-G 184 Lagoa da Lucenza, PR-G 192 Pregamento Xeolóxico, PR-G 141 do Ouro e do Camiño Real de Margaride, PR-G do Val do Río Quiroga, Ruta da Fervenza de Vieiros e a ruta do Castro de Penadominga). Estes días rematarase o acondicionamento de 4 pontes na ruta do Camiño do Ferradal e da sinalización que estaba pendente. Dende o Concello informan de que quedan por revisa a ruta circular do Montouto e a da Seara a Rugando.

Tamén se abordou nesta xuntanza o programa para a vindeira Feira do Viño de Quiroga. Os representantes do Concello adiantaron que, este ano, entre os actos que se organizarán no evento, haberá un recoñecemento aos primeiros organizadores da Feira.

0.17556500434875