Quiroga adquire un novo vehículo para o servizo de augas

RibeiraSacraXa
O novo coche adquirido polo Concello será empregado polos encargados do servizo municipal de augas para o seu traballo diario.
servizo augas quiroga
26 Maio 2021

O servizo de augas conta cun novo vehículo. O alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, e o concelleiro José Enríquez, presentaban este novo coche que será empregado polos encargados do servizo municipal de augas para o seu traballo diario.

Este vehículo que será utilizado polos traballadores municipais unha vez remate de ser rotulado, foi adquirido con parte da renuncia da dedicación exclusiva do rexedor local.

Julio Álvarez, anunciara na pasada sesión plenaria que renunciaba aos 42.000 € brutos que tiña asinados pola súa dedicación exclusiva ao Concello de Quiroga; e que este diñeiro sería destinado, en parte, a incrementar as retribucións de todos os concelleiros por asistencia a comisións e sesións plenarias e outra parte a gastos municipais. Esta última parte foi a que serviu para a adquisición deste novo vehículo que se precisaba no servizo de augas.

0.15781593322754