Quiroga acordar declarar o 23 febreiro como Día de Rosalía no municipio

RibeiraSacraXa
Con esta declaración, o Concello busca fomentar e apoiar a realización de actividades que poñan en valor a figura e a obra de Rosalía de Castro
rosalia-de-castro
3 Mar 2026

A Corporación Municipal de Quiroga acordou por unanimidade declarar o 23 de febreiro como Día de Rosalía, en recoñecemento á relevancia da escritora galega Rosalía de Castro na cultura e identidade de Galicia.

Esta declaración busca fomentar e apoiar a realización de actividades que poñan en valor a figura e a obra de Rosalía de Castro, involucrando ao conxunto da veciñanza do municipio no 23 de febreiro ou en datas próximas. Entre estas accións, inclúese a realización dunha lectura pública da súa obra nun lugar destacado do concello, na que participarán tanto o alumnado dos centros escolares como persoas destacadas pola súa actividade cultural.

A proposta, presentada polo Equipo de Goberno, pretende fomentar difusión “do coñecemento da súa figura, a súa obra e o seu pensamento é necesario para que as quiroguesas e os quirogueses, en especial as xeracións máis novas, sexan conscientes de que a súa palabra feita poesía ou prosa foi e será un dos procedementos máis eficaces para fomentar a igualdade, o amor á nosa lingua e comprender a nosa identidade cultural”.

O texto subliña tamén que o 23 de febreiro representa “unha ocasión inmellorable para difundir a figura, obra e pensamento de quen non dubidou en exhibir o orgullo de quen somos, reclamar o recoñecemento da nosa lingua como expresión xenuína do pobo galego, mostrar a valentía de denunciar as discriminación das mulleres e apostar por unha sociedade libre e igualitaria”.

0.13236498832703